Boas xentes de Trasno: Escrebo só para dar unha boa nova: avisar que ven de ser creada a lista de localización ao galego da Debian debian-l10n-galic...@lists.debian.org.
Trátase dunha lista de política aberta, de libre suscrición e arquivo público. O seu propósito é afortalar o soporte da distro no noso idioma promovendo a consolidación da comunidade Debian galega. Podedes consultar o seguimento da proposta de criazón eiquí: http://bugs.debian.org/cgi-bin/bugreport.cgi?bug=404451 e o fío da posta en común que tivo lugar na lista de internacionalización da Debian (clicando en thread-next): http://lists.debian.org/debian-i18n/2006/12/msg00177.html Quen desexe se suscreber pode facelo por sí proprio/a eiquí: http://lists.debian.org/debian-l10n-galician/ Basta introducir o próprio enderezo no cadro correspondente e premer o botón "subscribe". De seguido recibirá un correo ao que deberá respostar sen modificar os cabezallos, e ficará suscrito/a. A participación da xente que levades aportando durante os últimos anos é importante, e a da xente que non o fixestes -ou deixastes de facelo- por resultarvos frustrante a experiéncia tamén: dos erros apréndese, sobre todo cando se poñen en común e con vontade proactiva. Por suposto podedes difundir esta nova do xeito que mellor vexades. Saúdos e graciñas polo voso apoio,