Agora mesmo estou colaborando coa tradución de phpBB3 que se está a facer en
ciberirmandade, e as dúbidas apareceron cuns termos que non estou moi seguro
de como traducir. Xa os atopara cando fixen a tradución do Xoops, pero como
foi un proxecto individual non me preocupei de contrastar opinións, e no
caso do phpBB3 por ser un proxecto común acho que debo facelo.

O caso é que o termo template no glosario de trasno aparece coma molde ou
patrón, pero penso que aínda que son axeitadas para un arquivo de mostra,
non recollen ben o significado cando se refire a gráficos. A miña opción foi
traducila por carauta, xa que penso que é a parte fundamental dunha
aparencia, aliás pode ser modificada lixeiramente por unha skin ou theme.
Alén diso acho que a tradución de skin por pel colle mais sentido usando
carauta.

O outro problema xordeme con theme, xa que a tradución lóxica sería tema,
mais tendo en conta que se está a traducir topic por tema, non sei se é boa
idea utilizar a mesma palabra para as dúas. Como solución pensei en usar pel
por ser neste caso skin e theme equivalentes.

Por último a palabra role, que se usa para designar a un conxunto de
permisos agrupados co fin de facilita-la asignación aos distintos grupos de
usuarios. Agora mesmo estou bloqueado e non me sae unha palabra axeitada, e
tratándose de permisos supoño que os linuxeiros coñeceredes máis dunha :-) .

Saúdos

Responderlle a