El martes, 16 de enero de 2007 a las 23:25:42 +0100, Henrique Ferreiro escribía:
> Quería comezar a traducir coa aplicación web de Ubuntu. > Teño que avisar dos paquetes que colla? > Podo revisar algunhas traducións? Neste caso, debería primeiro avisar na > lista? O problema de Rosetta é que é coma un mundo á parte. As traducións que se fan aí pode que se suban ou que non se suban aos autores do software. Ademáis, está totalmente descoordinado cos traductores oficiais de cada peza de software, cando os hai. Finalmente, en Ubuntu as traducións feitas en Rosetta teñen prioridade sobre as oficiais, así que se hai algún erro nunha tradución e os desenvolvedores oficiais fornecen unha tradución corrixida, iso non se reflicte en Rosetta nin en Ubuntu. Vaia, que non aconsello empregar Rosetta máis que para as aplicacións que só veñan en Ubuntu, e sempre en coordinación cos outros traductores de Ubuntu. -- Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/