Eu xa o probei no seu día e cascabame o thunderbird, no meu caso en windows.
Grazas de todos modos.


Tomás Fernández Pena escribió:
> Daniel Muñiz Fontoira escribió:
>> Grazas polas respostas
>> Uff!! pérdome bastante, dame a impresión (ao mellor non só é impresión)
>> de que non teño idea de nada.
>> Cando un dicionario para o thunderbird?
>>
>>   
> Esquecía dicir que para usar o dicionario co thunderbird tes que
> chamarlle os arquivos gl-ES.dic e gl-ES.aff, e non gl_ES. Vale con poñer
> enlaces brandos.
> 
> En principio o dicionario do hunspell podería funcionar co thunderbird.
> Se tes o dicionario instalado en /usr/share/myspell/ o thunderbird tamén
> o usaría. O problema é que, polo menos a min, non me funciona ben a
> última versión do dicionario de mancomun, e se inicio o thunderbird
> (icedove no meu caso)  e intento cambiar de  idioma,  dame un erro:
> 
> Failure loading aff file /usr/lib/icedove/components/myspell/gl-ES.aff
> /usr/lib/icedove/run-mozilla.sh: line 131:  5350 Violación de segmento  
> "$prog" ${1+"$@"}
> 
> Ca versión alfa do dicionario funciona ben (de feito en mancomun hai un
> xpi para instalar a versión alfa no thunderbird
> http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_remository/Itemid,111/func,fileinfo/id,10/).
> 
> 
> Os problemas co uso da versión 1 do dicionario veñen porque o
> Thunderbird utiliza o motor myspell, que non é igual que o hunspell.
> 
> Saúdos.
> 
> 
> Tomás
> 
>> mvillarino escribió:
>>   
>>> O Luns, 22 de Xaneiro de 2007 20:11, Daniel Muñiz Fontoira escribiu:
>>>     
>>>> Perdoa a miña curiosidade, para que que queres o hunspell se non tes
>>>> openoffice?
>>>> Pódeselle dar outros usos?
>>>>       
>>> A curiosidade matou ao gato.....
>>>
>>> Pois si, cun dos guións que componhem o pt2gz (o transliterador que está á 
>>> vosa disposición en trasno), podem-se extraír as cadeas das msgid dos 
>>> ficheiros para um ficheiro de texto, e a este passar-lhe o hunspell para 
>>> ver 
>>> os erros, que se podem guardar num ficheiro, para despois ir pesquisando e 
>>> corrigindo no ficheiro po inicial.
>>>
>>> Amais tem outras possibilidades, como entreter o tempo ;-), pero o que cada 
>>> um 
>>> faga no seu tempo libre já é privado.
>>>
>>>     
>>   
> 
> 

-- 
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

Responderlle a