Ola a todos! Ao longo desta semana vaise actualizar a ferramenta de tradución web de Ubuntu (Rosetta) para a tradución de Feisty (Ubuntu 7.04). A URL vai ser https://www.launchpad.net/ubuntu/feisty/+lang/gl.
Ademáis das cadeas propias, Ubuntu utiliza as traducións feitas nas aplicacións e nos paquetes orixinais con algún pequeno parche (polo momento en Rosetta non é posible diferenciar as cadeas propias das xenéricas). Aproveito para pedirvos aos que sexades usuarios de Ubuntu a vosa axuda (especialmente na detección de erros, informando en ubuntu-l10n...@lists.ubuntu.com), e para agradecervos aos que realizades as traducións orixinais de GNOME, KDE, Xfce, Debian, Mozilla, etc. todo o traballo feito. Un saúdo.