On Tuesday 19 June 2007 09:06:40 mvillarino wrote:
> Si, xa sei que na mormativa da RALG é "icona", non ícone, pero xa me
> coñecedes, son unha persoa vergoñenta e certas cousas póñenme como un
> ruibén, polo que prefiro usar a forma "Ícone". Outros mudaron o nome dunha
> letra por un motivo semellante, non?
>
> A ver, estaba cun editor visual de expresións regulares, e atopeime
> con "greedy matching".
> Non teño a máis mínima idea do que é e non dou atopada unha definición ou
> algo en google. Podedes pasarme algo de información?
>
Refírese ao modo no que traballa o programa encargado de facer búsquedas 
seguindo esa expresión regular. Consistiría en intentar obter a cadea de 
maior tamaño posible que cumple esa expresión.

Por exemplo, se tiveses unha expresión que fose <(.)*> (calquer cadea que 
comece e remate con anguliños), se a aplicas a un documento html, poderíate 
devolver todo o documento (dende o '<' do tag html inicial ao '>' do 
tag /html final), ou só o primeiro tag (<html>). O modo greedy referiríase ao 
primeiro caso. Eu creo que  nesta situación a palabra voraz é a máis 
axeitada.

Un saudo

> Nota: "greed" é algo así como "glutonaría" ou "cobiza", e "greedy" o
> adxectivo que se deriva del. Até agora foi traducido como "voraz" ou
> "esixente", no primeiro caso, ao ser o significado xeral, non creo que page
> a pena engadilo no glosario, pero teño que verificar a segunda opción.


Attachment: pgpFSluQt8FHM.pgp
Description: PGP signature

Responderlle a