A min tamén me gusta máis "selo" que "marca".

O que non poñería é o de "carimbo/carimbar", xa que non é RAG (eu non
sei que é).

Saúdos.




dmunhiz wrote:
> Eu decantaría por marca, mais que nada polo que din os do termigal.
> Porque o de selo tamén me gusta.
> 
> **time stamp**
>    1. n.f. data e hora
>    2. n.m. cuño|carimbo|selo|indicación|marca de data e hora
>    3. n.m. selar|marcar|cuñar|carimbar a data e hora
>    4. n.m. marca de tempo
> 
> Que tal incluír tamén "marca de tempo"? tendo en conta que tempo inclue
> data e hora.Saúdos
> 
> 
> 
> Remitente:
> Daniel Muñiz Fontoira
> Eu uso software libre [1]
> [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
> 
> 
> mvillarino escribiu:
>> O Martes, 19 de Xuño de 2007 16:52, mvillarino escribiu:
>>> Vale, perguntareille ao termigal xa que logo (a ver se non tardan dúas
>>> semanas, como co dos cascos multimedia).
>>
>> A resposta recebida foi:
>>
>>> Ola:
>>>
>>> Estiven a revisar os glosarios das unidades empregadas na tradución ao
>>> galego de Windows XP e Windows Vista, e o certo é que a empresa
>>> tradutora
>>> non mantivo unha coherencia na traducióin do termo nestes produtos.
>>>
>>> En Windows XP as formas maioritarias son "marcación de hora" para a
>>> forma substantiva e "hora marcada" para o participio do verbo, aínda que
>>> tamén se empregaron "selo de data/hora" para o substantivo e
>>> "carimbado" para o participio.
>>>
>>> Ademais, conviven tamén outras formas, como "data e hora", "data" e
>>> "hora", segundo os contextos. En Windows Vista tamén empregan estas
>>> formas
>>> indistintamente.
>>>
>>> Dado que non hai unha forma única utilizada, non podemos recomendar o
>>> emprego dunha por razóns de uso ou coherencia, polo que soamente podemos
>>> achegar comentarios ao respecto:
>>>
>>> Coincidimos na preferencia por "data e hora" (nos contextos
>>> axeitados), xa
>>> que realmente isto é o que se está a indicar. As formas baseadas en
>>> "selo", "carimbo" ou mesmo "cuño" (+ "data e hora") responden a un uso
>>> metafórico (e innecesario) das impresións que deixan no papel estes
>>> utensilios, polo que na nosa opinión non son as máis acertadas no ámbito
>>> da informática.
>>>
>>> As formas con "marca" e "marcación" (+ "data e hora") veñen
>>> especificar un
>>> uso concreto desa data e hora, cunha grafía e formato concretos (por
>>> exemplo, HH:MM:SS:FF [onde H é hora, M é minuto, S é segundo e F é
>>> frame]), polo que sería a nosa seguinte preferencia. En castelán, as
>>> directrices de Microsoft recomendan empregar "marca de fecha y hora",
>>> aínda que teño entendido que para Windows Vista a recomendación cambia a
>>> "marca de hora". Habería que comprobar se se está a referir a datas e
>>> horas ou unicamente a horas.
>>>
>>> En canto ás formas verbais, de empregar "data e hora" para o
>>> substantivo,
>>> podería utilizarse "cuñar data e hora", como suxerías, ou mesmo unha
>>> forma
>>> máis xenérica, como "indicar data e hora". Por suposto, habería que
>>> mirar
>>> máis contextos para comprobar que este verbo funcione en todos os
>>> contextos.
>>> Por último, no caso de empregar "marca de data e hora", a forma verbal
>>> debería ser coherente coa substantiva: marcar data e hora.
>>>
>>>
>>> Un saúdo,
>>>
>>> Inés Veiga
>>>
>>> TERMIGAL
>>
>> Xa que logo, podería propor para o glosario o seguinte:
>>
>>   **time stamp**
>>   1. n.f. data e hora
>>   2. n.m. cuño|carimbo|selo|indicación|marca de data e hora
>>   3. n.m. selar|marcar|cuñar|carimbar a data e hora
>>
>>       "Timestamp" pode referirse a un código de tempo ou a unha sinatura
>>       dixital de tempo mediante a cal o asinante acredita a existencia do
>>       documento asinado ou o seu contido no momento indicado como
>> parte da
>>       sinatura dixital.
>>       En outras ocasións reférese á "hora Unix", o número de segúndos
>>       transcorridos desde UTC 19700101 00:00:00
>>
>> Queda basicamente por escoller entre
>> cuño|selo|carimbo|indicación|marca|etc.
> 
> 

Responderlle a