O Venres, 29 de Xuño de 2007 11:14, Leandro Regueiro escribiu:
> Outra palabra da que non me convence a tradución que ten no glosario é
> tooltip.
>
> Por certo, estou traducindo o xogo Battle for Wesnoth e non sei como
> traducir algunhas palabras, das que agora mesmo só me ven á cabeza
> skirmisher. O tradutor anterior traduciuna coma 'hostigador' pero esa
> palabra non me aparece no diccionario.
>
> Por outra banda, hai por aquí alguén aficionado ós xogos de rol ou ten
> coñecementos útiles para me axudar a traducir este xogo??

Eu rematei a campaña de herdeiro ao trono, quedei a catro cenários de rematar 
o amencer de wesnoth (cando xa se remata a viaxe), rematei caseque todas as 
partidas menores, e na de
"baixo o ardente sol", quedei no cenário "o sangue é mais denso ca auga".
Todo isto, claro, no nível mais fácil.

Cando xogo partidas soltas contra a intelixencia artificial, polo xeral 
machácoa.

Podo serche de utilidade?

Os nomes de unidades podes traducilos case como che pete, non teñen maior 
influéncia no decorrer do xogo. O que si merece atención son as mensaxes 
longas das distintas pantallas.

-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpwChl7uWUIP.pgp
Description: PGP signature

Responderlle a