Ola,
estou traducindo o Battle for Wesnoth e no titorial apareceume
quintain, que despois de moitas voltas resulta que se traduce coma
estafermo. Pero só o puiden verificar usando un tradutor en liña e
traducíndoo ó castelán, indo dende a páxina da wikipedia quintain á
súa correspondente portuguesa, que viña sendo estafermo tamén,
buscando estafermo no estraviz, ainda que agora que me fixo ten
tendencia ó galego lusista, e o volga confírmame que estafermo existe
en galego, ainda que do significado non di nada.

Podería algún de vós verificar nun diccionario de galego impreso que
estafermo existe e ten o significado de (máis ou menos): manequín co
que practicaban os xustadores na idade media??

Moitas gracias,
                           Leandro Regueiro

Responderlle a