Dacordo. A ver qué vos parece isto entón.

--
Asunto: Encontro sobre localización de software libre ao galego.
--
Boas,

Tras un proceso de posta en común inicial, semella que a proposta [1] de
celebrar un encontro centrado na localización de software ao galego comeza 
tomar forma.

Posto que se trata de que participe o maior número posible de persoas
involucradas no tema, faise agora este segundo chamamento para convidar
a todo o mundo a involucrarse na organización e definición do evento.

Como recursos comúns empregaremos a rolda de correo de FETG [2] e un wiki
que acabamos de poñer en marcha eiquí:

http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n

Axúdanos a que esta mensaxe rule e que chegue a toda a xente que puidera
estar interesada.

Saúde,
--
[1] 
http://listas.mancomun.org/pipermail/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego/2008-March/000348.html
[2]
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

mvillarino escrebeu:
> O Luns, 7 de Abril de 2008, baleato  escribiu:
> > Por suposto, eso no caso de que consideredes conveniente extender este
> > tema e facelo público, claro. Se preferides unha movida máis en petit
> > comité pois sen problema tamén.
> Estende, estende. 
> Xa postos, levo sen escreber en FETG desde hai meses. Penso que deberías 
> editar a wiki de mc. Irei tentando sacar tempo ao longo de hoxe e mañá.
> -- 
> Best regards
> MV



-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

Responderlle a