2008/5/12 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> O 12/05/08, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escrebiu:
> > 2008/5/12 Miguel Solla <brado...@gmail.com>:
> > Ola Miguel.
>  > Seguimos sen saber quen vés sendo :) Por outra banda, está ben isto de
>  > poñer [Dúbida] no comezo do título da mensaxe. É algo que deberiamos
>  > facer, xa que así facilitaría que xente do mundo de terminoloxía
>  > identifique a golpe de vista as mensaxes que lles interesan e
>  > descartar as referentes a cousas internas de Trasno que igual non
>  > veñen a conto.
>  >
>  > Voltando ó tema do mock-up, non sei por que porfiades tanto en negarme
>  > a razón :) Tan mal vos caín na xuntanza?
>
>  Para que perguntas, se non ques saber a resposta?

:)

>  > A ver, unha maqueta polo que entendo eu é algo xa rematado. Un
>  > prototipo faise para probar ideas sobre como enfrontar o
>  > desenvolvemento dun programa, ou para discutir cas persoas profanas
>  > que solicitaron ese programa como vai ser a interface (botóns nos que
>  > podes premer pero que non fan nada) e que despois se tira directamente
>  > ó lixo recollendo só as ideas e impresións que é realmente o que
>  > interesa. Eu o da maqueta véxoo máis coma o de arquitectura, algo
>  > feito a escala para ver como é a versión final de algo. Un prototipo é
>  > unha versión totalmente incompleta que despois se tira ó lixo xa que a
>  > súa única finalidade é ver se se vai polo bo camiño e sacar ideas para
>  > o desenvolvemento real. Non sei se me explico...
>
>  A ver, que tanto ten, están as dúas no glosario, e o tempo dirá, aínda
>  que ten trazas de que se imporá o neoloxismo: mock up
>
>  A para continuar coa yihad esta que nos montamos, un caso que nos leva
>  a contra a todos:
>  Theme done to look like the original mockup
>  Tema feito para semellarse á aparencia orixinal
>  #: src/themes/context/Amarok-Mockup/metadata.desktop:3
>  desktop_extragear-multimedia_amarok.po

Eu iso traduciriao: Tema creado para semellarse ó deseño orixinal ou
Tema deseñado para imitar ó deseño orixinal

Falando de temas penso que deseño axéitase máis ó concepto que se
quere representar...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a