Em Quarta, 21 de Maio de 2008, o Jacobo Tarrio escreveu:
> http://www.vieiros.com/nova/66641/tristan-nitot-de-mozilla-se-ninguen-de-ga
>liza-se-presenta-non-habera-firefox-en-galego
>
>  Supoño que agora o do Xis, Galego21, os meus máis de 3 anos traducindo
> Mozilla, que o galego fora un dos 4 idiomas publicados oficialmente canda a
> Mozilla 1.0 desde o primeiro día, que durante anos houbera varios grupos
> tentando facérense cargo da tradución oficial, e que agora mancomun.org
> leve o XPI da versión 2.0 de Firefox, todo iso foi unha imaxinación miña.
>
>  Pois que ben saber que o que fixen serviu para tanto. E logo pregúntanme
> por que estou tan desilusionado.

Eu alucinei cando vin a nova. Penso que o axeitado é enviar unha nota 
esclarecedora a Vieiros. Estou case certo de que a publicaran, xa que entre 
outras cousas eles xogaron un papel importante cando lanzamos o Xis.

Un saudo
Ramon

Responderlle a