bandua escribiu:
2008/6/26, damufo <dam...@gmail.com>:

bandua escribiu:
Va, xa que preguntou Dani noutro fío, abro un novo para o caso, que case
é mellor.


Porque OpenSuse (=Suse) e non Ubuntu?.


Pois hai motivos racionais e irracionais. Primeiro os irracionais:


Creo que das primeiras distros que probei foi Ubuntu (inda que probara
FoxLinux e ghustaracheme moito) por iso de 'Linux for human beings',
pero non tardei moito en deixala. Esencialmente por un motivo: GNOME. En
serio, non aturo as cousas minimalistas, nas que impera o razonamento {1
programa = 1 soa función}. O mesmiño me pasa para XFCE. Eu prefiro
suites, programas completos e configurables. Isto vai a ghusto,
evidentemente. Pero non gustando GNOME hai que buscar unha boa distro
para KDE ( e sintoo moito pero Kubuntu é das piores implementacións de
KDE que xamais se fixeran, IMHO!). En cambio, Suse atende
superltivamente a detalles miudos que dan un aspecto de pulido á distro;
moi especialmente co KDE. Por exemplo, instala Ubuntu e encontrarás unha
fea e horrenta pantalla do Grub, todo un flashback á era pre-Mac.
Instala Suse e dende o Grub ó arranque están modificados, son bonitos ,
verdes... Va, pois con isto, con todo.


vaia eu son mais de gnome


os escritorios coma as distros van en función e gustos persoais, e das
necesidades dun.

Os motivos racionais (falo xa de suse 11, a nova versión):


1. Nunca usei intensivamente .deb así que para min .rpm funciona de
vicio. YAST2(+- instalador) resolve as dependencias moi limpamente (e
non, non existe o tal chamado 'dependency hell', poida que antes de Suse
10.2 ou F6 si, pero eu case no vivín)

A min pásame ao revés.
2. A instalación de soft podese facer dunhas cuantas formas: visualmente
(YAST2, que ten unha interface moi limpa, e unha gran funcionalidade,
p.ex. navegación por repos e funcións coma 'actualizar todo o desta
repo'; navegación por tipo de soft...); mediante zypper en consola,
(similar a apt-get..., moi moi rápido nesta versión! e moi configurable
) e moi especialmente...

Penso que iso está presente en todas as grandes distribución.

Non coñezo apt-get e todo isto, pero zypper ten funcións prácticas.
Alguén que lle bote un vistazo a isto xa me dirá se hai realmente
diferenzas: http://en.opensuse.org/Zypper/Usage

3. On-click install: isto vai: ves akí:
http://software.opensuse.org/search , buscas o softw. q se queira,
dáselle ó link '1-click-install', aparece unha pantalla de instalación
blablabla e nuns min. tes o software, instalado. Amais, literalmente,
hai centos de paquetes, de feito só recordo un ou dous programas que non
atopara nos repos, salvando proxectos pequenos e novos. Codecs? vaise a
opensuse.community.org <http://opensuse.community.org>, onclick install
e voilá!, en menos de 30 min de instalación (verídico!) e 30 min de
instalación de codec xa tes un sistema completo.

Realmente vese doado. Como curiosidade, en canto aos codec, non din
achada a ligazón correcta, o paquete que me sae é de pago. O xestor de
paquetes do ubuntu penso que tamén é moi bo.


Escribín o link mal; pásame x facelo a man, lol:

http://opensuse-community.org/Restricted_Formats/11.0
http://opensuse-community.org/1-click-collection


4. Super Yast: o panel de control é masivo!, p.ex. o firewall é +-
sinxelo de usar, inclúe apparmour!! (ubuntu non!!!, sorprendente q nin
se dignen a usar SElinux ou similar); detección de harware e
modificación de drivers... visualmente! tarxetas graficas, aceleración
3d... e táboa de modificación de /etc/sysconfig!!!. É dicir, iso que
tiven que facer algunha vez en Ubuntu de modificar xorg.config a man e
dende a consola, nin de bromas. Vaise á Yast, a este módulo e cambiase
de xorg a xgl en o'5s sen meter a pata e foder nada.

Interesante, eu son dos que lle gustan os ficheiros de texto, as veces
paso dos configuradores gráficos e vou directamente a eles, se os atopo,
claro.

é-la miña antítese, haha. Non creo que sexa demasiado práctico
pedirlle a un novo usuario que modifique cousas a man, e iso pasoume a
min e sigho co 'vicio'

5. Qt!! Qt tódolos lados. Encantame o softw. en Qt, moi profesional, con
interface moi limpas, modificables, integran ben cos temas que se
usen... Sinto dicilo, pero GTK+ é un entorno non tan bo coma Qt, (IMHO,
non son desenvolvedor... amateur si)
De momento segue a gustarme máis o gnome, que se lle vai facer... non
creo que haxa un mellor ca outro, o mesmo que con ubuntu vs suse, máis
ben un gusta ou adaptase ao que un procura máis que outro.

6. Ollo ó dato, teño instalado ó mesmo tempo KDE4, KDE3.5, Gnome e XFCE.
Como o fixen: Instalei a distro con KDE4 inicialmente, fun a Yast e
marquei en 'patróns' os entornos de escrotorio KDE3.5, XFCE e Gnome, a
instalar e voilá! Durante o login, podo escoller o entorno de
escritorio. Alguén sabe facelo en menos pasos con Ubuntu?.

se non me erro desde o sinaptic, xestor de paquetes/instalacións iso
tamén é posible.

teño visto guías complicadas para facelo, pero non sei se a cousa
cambiou ou realmente abonda con descargar o escritorio dende o
synaptic

Esta tarde se podo instalo o xfce, que lle teño gañas e díghoche o difícil que me foi.

7. compiz por defecto
no ubuntu tamén aínda que na opción con poucos efectos, que me gusta, as
fiestras de flan mareanme.

a  min tamén, descativoas sempre. Agora que resulta moi útil o Desktop
wall. ((O de compiz, non é nada exclusivo da susa.


8. Dende o arranque ata o escritorio funcinando pasan MENOS de 60s.
Ubuntu esto +- faino pero non cando se teñen istalados darredor de 13 GB
de software.

Neste sentido non teño queixa. 13 gb xa son...

amais so escritorios teño instalado algúns titáns coma o SPSS))

9. Os foros e a moi completa wiki... ah, e o bugzilla, teño comprobado
que son bastante eficaces. (opensuse.org <http://opensuse.org>)

Unha ampla comunidade, detrás é importante. Poida que ese sexa un dos
éxitos do ubuntu. Como dicía o outro, a masa crítica.
Resumindo, é unha distro apta para novatos, inda que non moi
recomendada, mais tamén para 'profesionais' ou xente que nos ghusta
cambialo todo ou tocar o mínimo a consola. Dito doutra maneira, ten
ferramentas moi potentes presentadas dunha maneira moi visual e
organizada; é rápida e eficaz.

Hai 3 días estiven probando a live (gnome) e a verdade é que me gustou
bastante, aínda así onte instalei o ubuntu. No meu portátil, ubuntu, ten
un erro e é o de que o brillo da pantalla ponse a tope cada vez que
reinicio, incluso se lanzo o virtualbox muda só. Supoño que será
cuestión de tempo, incialmente botei máis dun ano sen ter son, con
ningunha distro, era cousa do kernel, e penso que o segue a ser.

Poida que máis adiante se reinstalo o probe.
Finalmente, moitas gazas pola exposición tan detallada das túas opinións
e criterios de elección.


ghustame criticar a Ubuntu, non hai de que! (era broma, q non se me
enfade ningúen

PD: Opensuse non ten nada que ver con Novell excepto que lle dá cartos,
asíque non existe esa falacia de que M$ ten comprado a Novell e polo
tanto Suse é de M$. É o mesmo ca Canonical e Ubuntu, unha cousa é a
empresa e outra a comunidade OSS.

Non escoitara iso, doume por enterado.

Responderlle a