2008/6/27 Adrián Chaves <adriyeticha...@gmail.com>:
> O Ven, 27-06-2008 ás 11:48 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
>> 2008/6/26 Adrián Chaves <adriyeticha...@gmail.com>:
>> > Por certo, tendo en conta a forma de usar os adxectivos do inglés e máis
>> > os nomes utilizados para as cartas Magic (que para o caso parécenme unha
>> > boa referencia), creo que o tipo de criatura vai mellor, xeralmente,
>> > atrás de todo, facendo de adxectivo.
>> >
>> > Eu prefiro Guerreiro elfo que Elfo guerreiro, por exemplo.
>> >
>> > Saúdos!
>> >                Adrián Chaves
>>
>> Ola Adrián.
>> Por unha cuestión práctica vai ser mellor poñer primeiro a raza e
>> despois o resto. Na axuda do Wesnoth as unidades ordénanse
>> alfabéticamente, e deste xeito aparecerian tódalas unidades da mesma
>> raza todas xuntas. O malo é que creo que non se poden traducir tódalas
>> unidades deste xeito...
>>
>> Ata logo,
>>                  Leandro Regueiro
>
> O caso é que mesmo en inglés hai unidades que non levan a raza diante,
> coma o Vampire Bat ou o Armageddon Drake. Por iso pensei que a
> tradución debería ser ao revés.
>
> Un saúdo,
>                Adrián Chaves

Home, isto sempre é discutible. Estamos a tempo de cambialo. Non sei
se na última versión corrixiron isto e agora aparecen as unidades
agrupadas por razas. Isto é o malo de usar ubuntu, sempre con software
desactualizado.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a