En KOrganizer hai unha extensión que pon unha ligazón en cada día do 
calendario que leva ao artigo da Wikipedia sobre ese día. Para iso emprega 
unha variábel, que é MMMM_d (hoxe sería "July 30·). O problema é que, para 
poder enviar á wikipedia en galego hai que ir a "30 de xuño" (isto é, a 
preposición "de" e o nome do mes en minúscula). Ao máximo que chego é a "30 
30e_Xuño", ou sexa, non sei como se introducen literais (o "d" convirte-o en 
data) e como se pon o nome en minúscula.

Alguén me pode botar unha mao?

Xosé

Responderlle a