2008/7/10 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
> Boas,
>
> Ando preparando datos pro Mércores que ven, para o cursos de verán da UDC e
> no que expoño en nome de TRASNO e todo isto.
>
> Necesitaba, por cuestións máis ben prácticas, unha lista dos equipos de
> tradución de GNOME co código de lingua e o estado de tradución actual.
> Visitando 'dammed lies' ou algo asi lle chamades os Gnomos, [
> http://l10n.gnome.org/languages/ ] vese un relatorio de linguas rexitradas,
> pero non dá máis datos, senón que enlaza a eles. A cousa está en que está
> traducida o galego, fantástico, pero eu prefería unha lista en inglés dos
> nomes; e non son capáz de facer que a páxina apareza na versión inglesa!. O
> dos códigos é por que existen certos continuos lingüísticos bastante
> relevantes (coma Persian/Tajick ou Urdu/Hindi) que son nomeados de diferente
> maneira en distintos proxectos en función de non sei que criterio, umm.
>
> Aparte disto, qué piden na l10n de Gnome para que unha lingua saía coa
> versión seguinte de Gnome?. En KDE 4.1 van a saír as linguas que teñen as
> librerías da kdebase a máis do 75% (+-). Sábense que linguas se incluírán na
> próxima versión de Gnome? Eu aquí vexo moi poucas linguas:
> http://svn.gnome.org/viewvc/gnome-i18n/trunk/ .

Nin idea. Creo que en Mandriva era do 90% para arriba consideranse
soportadas, o resto depende de se son linguas de moitos falantes, ou
cousas así.

> Ah, nos próximos días hei pasar a presentación que farei nos cursos de verán
> para aportedes críticas/suxerencias.

Vale, a ver se daquela teño conexión, que me deixaron só ca que hai
nos labs da FIC.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Reply via email to