Bos Días, 

Despois da exposición en Carballo chegoume ó meu correo isto, pertence a unha 
das rapazas que que forma parte da rede de Dinaminazación da Consll. de 
Industria e Innovación, da que algo vos falei. Pídeme o seguinte:

> son Soraya, Dinamizadora da Sociedade da Información no Concello de
> Carballo [...] non sei se te quedaches cun dos proxectos que comentou
> Carmen, a coordinadora da RDSI, que estou a levar a cabo en Carballo:
> Diario de Carballo. O asunto polo que te escribo é para saber se me
> poderías mandar un pequeno escrito, artigo ou chámao como queiras para
> publicar neste espazo. O tema sería, á túa libre elección: un pequeno
> resumo do que comentabas na túa exposición, ou simplemente como viviches a
> mesa redonda na que participaches. Polo momento non hai moito que ver,
> agardo que sexa polo momento que estamos a comezar e somos moi poucos, pero
> para que te fagas unha idea http://diariodecarballo.wordpress.com/ nun
> futuro moi próximo será http://diariodecarballo.es.tl/. Tamén tes a
> liberdade de se queres contarnos calquera outra cousa, a poder ser que teña
> que ver co teu traballo, NNTT, etc. etc. será benvido.[...]

Contesteille que o faría de bo grao. Pero ocórreseme abusar un pouco da súa 
confianza e pedirlle que poidamos facer unha pequena serie de publicacións que 
poide publicar, por exemplo, 3 ou 4 salteadas cada semana. 

Gustariame que outros de vós escribirades tamén algún artículo. 

Eu por exemplo, podería falar de algo que falei na exposición, de porqué é 
necesario traducir e cal é o impacto que o código libre ten na normalización a 
nivel mundial. Comentei que o código aberto permite localización a calquera 
idioma, indendentemente do país onde se fale, a situación de desenvolvemento 
do país e da situación após doutras linguas e que isto faino socialmente 
xusto. 

Outros de vós poderiades falar doutros pormenores, como cal é historia de 
Trasno; que se fai na Localización ó Galego ou outras cousas que se vos 
ocorran.  Veña, a animarse, que fai falta autobombo!!. 

Responderlle a