Vaia! Grazas pola resposta.
Efectivamente estaba ao tanto, de irindo, apareceu pouco despois da miña queixa. Comentar tamén que hai pouco, os usuarios deste dicionario levamos un "susto" cando nos interromperon o servizo durante uns días penso que por cuestións de subvencións. Mágoa que non haxa un organismo público quen sexa o que leve o tema do dicionario, de todos modos é de agradecer a irindo súa aposta.

Comento que na ligazón indicada http://www.recursosparaogalego.com/inicio.html

Na alínea de correctores onde pon
Corrector e dicionario en galego para o xestor de correo Thunderbird.
Corrector para o Thunderbird

Sería bo que se indique que este corrector tamén serve para o firefox.

Poida que fora interesante, ademais, por algunha referencia aos grupos de xente voluntaria que se adica a traducir software ao galego (como trasno.net ou ciberirmadade.org). E mesmo onde atopar traducións, por exemplo, neste momento en mancomun está dispoñible un paquete coa tradución da ultima versión do firefox ao galego. Tamén dispón da tradución do openoffice.

Saúdos


Liña do Galego escribiu:
Prezado Daniel,

Hai uns meses recibimos unha queixa túa a respecto da falta de recursos en galego na rede, e agora pómonos en contacto contigo para che comentarmos que actualmente xa existen varios tradutores en liña, así como correctores e dicionarios electrónicos. Pódelos consultar na páxina da Deputación da Coruña de /Recursos Lingüísticos <http://www.recursosparaogalego.com/inicio.html>/.

Recibe un cordial saúdo,

A Liña do Galego

A Mesa pola Normalización Lingüística

Rúa do Vilar 15, 1º Dta

15705 Santiago de Compostela

Tlf: 981 563 885

Responderlle a