O Tuesday 22 July 2008 14:03:03 Leandro Regueiro escribiu:
> > Parte "Xunta", as presentacións de Suso e de Carmen lévanme a pensar que
> > sería necesario que Trasno fora unha asociación por motivos meramente
> > burocráticos. Suso falou do que é mancomún... e Carmen falou da rede de
> > dinamización, que entre outros proxectos, ensinan en obradoiros uso de
> > Linux, GIMP, Pidgin... e similares a persoas de todo tipo. Sendo a rede
> > flexible en plantexamento poderíamos os Trasnos aproveitarnos en certo
> > momento para que poideramos realizar obradoiros de tradución etc (isto é
> > idea miña e suxerencia de Suso)... problema, teríamos que ser asociación;
> > e falariamos, entendo, de voluntariado. Dinamización ten web, pasade por
> > aí para saber de que falo exactamente.
>
> Do dos obradoiros xa se falara. De feito se teño tempo e ánimo igual
> fago unha pequena charla para as xornadas de alumnos noveis que fan os
> do gpul. Malo será que poñan impedimentos.

Perfecto. 

> > Parte "Técnica". Pichel falou de opentrad e quedei pasmado por enterarme
> > realmente que é. Opentrad é un motor de tradución que funciona
> > aproveitando diccionarios de diferentes linguas... e en múltiples
> > formatos. Todo en si é código aberto. En realidade usa dous motores, un
> > para linguas próximas (apertium) e outro para linguas distantes (que non
> > me acordo). De momento teñen certos "pares" como galego-portugués e
> > "castelán-galego", mais non "inglés-galego". Teñen certas interfaces,
> > unha pública web, e outras que permiten "renderizar" páxinas web en
> > galego, p.ex, "El País" ou "Público" en Galego. i.e. "A Voss de Ghaliza"
> > ten "instalado" este servizo de Imaxín e permitelles mostrar a Voz en
> > Galego. O que me interesa de todo isto e que comentarei por correo a
> > Pichel (non tivemos moito tempo para falar) é que se sería posible
> > aproveitarnos de OpenTrad para traducir a documentación do software,
> > poñáse as 60000 cadeas de KDE de documentación ou as de Gnome. O problema
> > disto sería que inda está por facer o par "inglés-galego", isto
> > confirmado por Pichel. Pero si nos valería xa, e coa interface web, para
> > traducir do protugués ó Galego ou do Castelán. Eu refirome, porén, a unha
> > metodoloxía máis automátizada; como un "servidor" de tradución ó que lle
> > poidese enchufar todo un .pot... enteiro. Creo que é unha cuestión da que
> > nos podemos aproveitar a longo prazo.
>
> Se é ese o sistema que usan algúns dos usuarios de chuza para poñer
> ligazóns á Voz en galego, mellor fuximos diso. A tradución é tan mala
> que a veces é imposible comprender de que demo fala o artigo.

Si, non é 100% eficaz inda que botar traballo adiante e logo revisar (refirome 
a documentación) pareceme unha idea que deberíamos explorar, non agora pero si 
no futuro

> > As exposición en si, pois o público maioría Filólogos... upps, Algo que
> > xa contaba e así preparei as diapos, pensando nisto. Vin caras de
> > aburrimento e algunha que moi interesada... agora que o de que se pasen
> > pola lista inda que só sexa para facer suxerencias terminolóxicas... creo
> > que non. Eu insistir insistín, Lol. Parece que lles resultou curioso que
> > haxa alguén traducindo KDE a Latín, haha. ( a min tamén mo parece).
>
> Se eu tivera estado alí falaria de que se está traducindo SL a linguas
> artificiais coma o Interlingua, Esperanto (este xa é máis normal), ou
> Klingon (código de idioma tlh).

Si, mencionei o Esperanto en KDE, o Ido en Gnome, creo... pero non sabía o do 
Klingon!. 
>
> > Resumo da miña expo:
> >
> > 1. Os produtos tecnolóxicos teñen un impacto cultural
> >
> > 2. Ter productos tecnolóxicos localizados pode considerarse un dereito, e
> > un elemento normalizador
> >
> > 3. i18n e l10n. definición
> >
> > 4. Vantaxe de plataformas libres para a localización
> >
> > 5. Metodoloxía básica dunha tradución e o control de calidade baseado na
> > libre disposición do código e nos usuarios
> >
> > 6. Ferramentas de escritorio e web de localización, vantaxes e
> > desvantaxes
> >
> > 7. Dificultades na tradución ó galego (moi,moi brevemente): Normativas, a
> > RAG é ambigua, a AGAL pode ser preferida nalgúns casos; sendo os
> > proxectos de localización ó galego relativamente novos non hai consensos
> > asentados nun usuarios acostumados a eles; os tradutores intentamos
> > razoar e chegar a consensos en puntos básicos que afecta ó uso do
> > software; somos vangarda na tradución de termos tecnolóxicos ó galego,
> > ningunha academia nos pode aconsellar en moitos deles; gramática inglesa
> > e xiros
> >
> > 8. As traducións de KDE 4.1, para saír a finais deste mes, e de Gnome
> > 2.24, Septembro, podería dar soporte na súa lingua materna ó 45% e ó
> > 69%!!!!, respt., da poboación humana grazas a tradución voluntaria, cifra
> > que ningúnha emprega consegue acadar nos seus produtos
> >
> > 9. As linguas minorizadas ou minoritarias e os países en desenvolvemento
> > son os que mellor e máis se aproveitan das posiblidades da localización
> > de Software Libre
> >
> > 10. Fai falta Xente, Please!. As esixencias non son moi altas. (en
> > realidade si, pero era unha mentira piadosa ;) )
>
> Eu penso que as únicas esixencias son saber galego, inglés e ter ganas
> de matarte dous días a aprender o sistema. Despois todo é automático.
>
> > Sodes libres de me criticar a saco polo que contei. hehe. )))
> >
> > Ah, respecto ó de M$, falando de tradución de software privativo puxen de
> > exemplo a Microsoft e dixen algo como que se lle pagara por facelo, e ben
> > caro e que era mellor que as traducións que se apoiaran foran de SL.
> > Tamén dixen que falaba sen me asegurar e quen quixese saber como fóra o
> > conto que fóra ó DOGA. Pichel moi elegantemente ó comezar a súa expo
> > agradeceu que se mentara a M$ e aproveitou para dicir "que non se lle
> > pagara a M$" por facer a tradución pero engadiu que "outra cousa son os
> > beneficios que puidera obter " a partir de aquí. Vale, a miña é a versión
> > "pastrana" dunha certa forma de comercio que recorda ó comercio nas
> > feira.
>
> Pois eu ainda sigo ca idea de que se tiraron cartos a esgalla. Se non
> se lle pagou a Microsoft (ainda que eu teño a idea de que non cederon
> o acceso á súa tecnoloxía de tradución pola cara), entón tiraronse
> bastantes cartiños para pagarlle a media ducia de tradutores que seica
> traballaron tres meses. Isto lémbrame que hai que buscar info sobre o
> tema este para poñelo en posibles transpas futuras.

Si eu tamén teño esa impresión; de feito sei que a Xunta renovou recentemente 
acordos con M$. E tes razón, non sería nada malo documentarse ó respecto para 
eventos futuros.
 
> > Para rematar, que xa vai rollo de máis ( sempre fagho = ).
> >
> > Asociación?. Hai dúas posibilidades, que formemos asociación (e non falo
> > de que tivese que ser unha cuestión inmediata) ou unirse a un grupo de
> > usuarios de LInux disposto e pedir que nos acollar como unha "división"
> > adicada a tradución. Calquera das dúas podería valer como solución ó que
> > vexo eu que necesitamos para que aquí haxa máis xente traducindo de forma
> > estable, que ir a buscala
>
> A ver, disto xa falamos moito. Asociación para que? Asociación como?
> Só son dúas simples cuestións.

As miñas respostas: 

Para qué?
1. Xuntar á xente que localiza con que se poida localizar facilmente
2. Coordinar proxectos de tradución grandes e intentar ter sistemas FOSS 
completamente localizados (= reto: as mellores distros + DE + usados 100% 
traducidos)
3. Ofreza ligazóns a/ou servizos para a tradución (vamos, o que xa é trasno e 
o que se poida facer máis)
4. Funcionar como enlace entre estamentos interesados en localizar/dispoñer de 
FOSS en galego (p.ex Xunta, Empresas, Asociacións...) <esta é a gran razón, 
IMHO>

Como?
1. Asociación sen ánimo de lucro 
2. Funcionando a través da web; realizando algun tipo de reunión, i.e, anual, 
e que realice obradoiros... 
3. cada socio libre de organizar eventos etc reprensentando á Trasno, sempre 
que os anuncie, e a libre vontade e dispoción persoal

Cando?
Sine die

Responderlle a