2008/8/5 Ignacio Casal Quinteiro <nacho.r...@gmail.com>:
> O Mar, 05-08-2008 ás 23:36 +0200, mvillarino escribiu:
>> O Martes 05 Agosto 2008 12:00, Leandro Regueiro escribiu:
>> > Logo non vale ter traducións parciais como se faria na tradución da
>> > interface de usuario?
>> Non, non vale, deben estar todas as cadeas de todos os ficheiros referidos
>> desde un index.docbook. Non sei en gnome como é.
> E eu creo que en Gnome non temos estes problemas. Non me fagas moito
> caso xa que aínda non traducín un só documento de documentación, pero
> polo que levo visto e lido...

Eu falo pola miña pouca experiencia ca documentación do
Realtimebattle. Claro que eu fágoo a pelo sobre os documentos docbook
e non teño problema ningún para xerar os formatos finais en calquera
momento a partir da moi incompleta tradución (menos dun 5%). O que
ainda creo que non conseguin, non o lembro ben, foi que todas as
cousas que aparecen automáticamente na xeración (coma índice, táboas
de figuras...) me aparezan en galego.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a