>>> Dwarvish Dragonguard
> -- "anano fusileiro se ninguén se opón"
anano fusileiro FIXADO

>>> Dwarvish Masked Dragonguard  <--The Hammer of Thursagan
> anano *** enmascarado
anano fusileiro enmascarado FIXADO


>>> Drake Slasher
>> --Perforador dragón (Slash é un corte rápido e penetrante)
>> --XXX rebandador (existe isto en galego?)
>> --Draconiano "rajador" (non se me ocorre o adexetivo apropiado, pero a
>> idea é a dun ser que te raja pola metado ou te corta)
>> --Estiveramos mirando isto eu máis victor o venres e non atopamos unha
>> tradución axeitada. A idea é que este bicho pega golpes cunha arma de
>> folla con tal forza que te corta de lado a lado, cun corte profundo.
>> Levo toda a fin de semana matinando nelo e ainda non atopei unha
>> tradución axeitada. As vosas traducións non me convencen e sei que hai
>> unha tradución exacta.
>> --Algunhas ideas máis: XXXX guillotina, XXXX sabre... Coñece alguén a
>> tradución que fan os casteláns, portugueses, ou outros?
>> --Poño o que puxeron noutros idiomas:
>> cat: Tallador drac
>> es: Carnicero draco
>> fr: Tailladeur dracan
>> it: Drago sventratore
>> pt_br: Fatiador Draconiano
> -- gustame a idea de que o bicho este dea talladas ou cortes profundas
> ás súas vitimas. Busquei tallador pero non aparece por ningures, ainda
> así propoño "XXX tallador"
draconián tallador FIXADO


>
>
>
>>> Dwarvish Ulfserker
>> --Ulfserker anano (Ulfserker non o escoitara na vida, pero berserker
>> si, e creo que o mellor é non traducilo, aínda que é algo coma
>> "fanático". O "estado berserker" creo que aparecía nun xogo d'O Señor
>> dos Aneis, e non o traducían)
>> --Anano Ulfseker (totalmente dacordo con Adrián)
>> --Eu sigoo vendo moi raro, consultaremos o resto dos idiomas e
>> intentaremos guiarnos polo que eles fixeron...
>> -- Poño o que escolleron noutros idiomas:
>> cat: Ulfserker nan
>> fr: Ulfserker nain
>> es: Enano Ulfserker
>> it: Nano ulfserker
>> pt_br: Anão Furioso
> -- propoño seguir a idea de ¿¿Victor?? de usar fanático para berserker
> e frenético para ulfserker ou usar a opción dos brasileiros de
> traducir berserker coma frenetico e ulfserker coma furioso. As dúas
> son totalmente válidas. Votos por favor.
anano frenetico FIXADO

>
>>> Dwarvish Berserker
>> --Uf, isto si é complicado: to berserk é algo así como tolear;
>> refírese a que ataca sen descanso. Os que coñezades o "Vampiro", o
>> xogo de rol, ao mellor tivestes algunha personaxe que entrase en
>> estado de frenesí, pois é algo así. Anao frenético
>> --Berserker anano
>> --Anano Berserker
>> --O dito enriba. Marce propoñia traducións coma frenético. Coma o
>> anano está medio tolo igual valia tolo. Nalgún xogo teño visto isto
>> traducido coma fanático. E penso que hai outras opcións pero agora non
>> lembro. Penso que sobre isto imos estar debatendo bastante tempo
>> --Só dúas cousas. A primeira, se traducisemos os dous nomes, eu
>> optaría por "frenético" para ulfserker e "fanático" para berserker
>> (deste tedes artigo na Wikipedia castelá:
>> http://es.wikipedia.org/wiki/Berserker)
>> --poño o que escolleron noutros idiomas:
>> cat: Berserker nan
>> fr: Berserker nain
>> es: Enano Berserker
>> it: Nano berserker
>> pt_br: Anão Frenético    Poño por aquí o ataque tal como o traduciron
>> os brasileiros, que polo visto son os únicos dados a traducir
>> ("berserker frenzy"="frenesi selvagem")
> -- propoño seguir a idea de ¿¿Victor?? de usar fanático para berserker
> e frenético para ulfserker ou usar a opción dos brasileiros de
> traducir berserker coma frenetico e ulfserker coma furioso. As dúas
> son totalmente válidas. Votos por favor.
anano furioso FIXADO

>
>
>>> Dwarvish Arcanister  <--The Sceptre of Fire
>> -- non tedes ningunha idea para isto?? Descrición, para axudar:
>> http://www.wesnoth.org/units/1.4/C/Dwarvish%20Arcanister.html parece
>> ser unha evolución do runemaster. Poño a continuación as poucas
>> traducións a outros idiomas que atopei:
>> cat: Nan Arcanista
>> fr: Faiseur d'arcanes nain
>> it: Nano fabbro esoterico
> --suponse que o que fai esta unidade é dominar os arcanos ou algo así.
> Como xa dixera parece ser unha evolución do rune master. Pensei eu
> usar arcanista coma os cataláns, pero non atopo arcanista por
> ningures, agás en páxinas relacionadas con algúns xogos de rol.
> Algunha idea?
Sigo sen saber como traducilo, así que quedará así ata que un día
alguén teña algunha idea.


Ata logo,
                       Leandro Regueiro

Responderlle a