O Sábado 16 Agosto 2008 00:50, Adrián Chaves escribiu:
> Se alguén pode confirmalo, agredeceríao moito.
"Quenda" refírese á vez que ten alguén para utilizar algo, un recurso 
limitado. Así, nas olimpiadas, os nadadores teñen que agardar a súa quenda, 
antes de nadaren teñen que rematar a proba anterior.

"Turno" é varias cousas. Pode ser un grupo de persoas que se van alternando 
para facer algo (e por extensión é que se aplica este vocábulo aos horarios 
laborais), ou a orden na que varias persoas fan ou receben algo; como a miña 
muller é algo paranoica, imos á praia e bañámonos por turno, que o mar é 
largo e couvemos todos á vez (*)

"Rolda", rolda é un turno, e máis cousas, como unha ronda (de vixilancia, 
p.ex.), ou un grupo de persoas postas en círculo, e tamén é algo relativo ás 
faenas da sega.

E caseque todo o anterior son "veces": actos, ocasións, sucesos repetidos en 
serie fortuita ou pre-estabelecida.

Para máis señas, cando vos fallen os dicionarios "normais", consultai o 
estraviz. A ligazón está anotada en trasno.


(*)Mira que é aburrido ir á praia.

-- 
Best regards,
MV

Responderlle a