Susana Sotelo Docio wrote:
> O Tuesday 12 de August de 2008, mvillarino escribiu:
> NPI. Pero eu para lematizar probaría a usar ben un tagger (freeling é
> libre e está entrenado para galego) ben dicionarios construídos con FSA
> (autómatas finitos), pero que eu saiba o que hai para galego a día de hoxe
> non é libre.
>
> Por exemplo:
>
> http://www.eti.pg.gda.pl/katedry/kiw/pracownicy/Jan.Daciuk/personal/fsa.html
>
> Este software é o que se emprega en LanguageTool
> (http://www.languagetool.org) para a lematización. Aínda non hai soporte
> para galego (e polo tanto tampouco dicionario), pero agora mesmo estou
> traballando neste tema. Conto con ter un dicionario máis ou menos
> decente en setembro/outubro.
>
>   

Ola Susana,

Non estou moi familiarizado co asunto deste fío, pero para a creación
dese dicionario creo que che pode ser útil unha ferramenta que
xustamente acaban de sacar os creadores do "Translate Toolkit" e de
"Pootle":  Spelt [1] [2], que serve para axudar a identificar e
clasificar raíces de palabras.

Saúdos.
    Felipe.

[1] http://sourceforge.net/forum/forum.php?forum_id=858132
[2] http://translate.sourceforge.net/wiki/spelt/index

Reply via email to