O Ven, 22-08-2008 ás 10:00 +0200, vfre...@cirp.es escribiu:
> Ola María,
> Para dúbidas sobre o que é correcto e o que non, lembrámosvos que o lugar
> onde contrastar a validez das formas é:
> 
> http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp
> 
> Se buscas nesta base de datos en liña, comprobarás que "turno" e "vegada"
> non aparecen como normativas. En cambio, "quenda" e "vez" valen as dúas.
> As definicións que buscas podes atopalas en:
> 
> http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp
> 
> Por outra banda, a terceira fonte normativa que existe é o
> "Dicionario castelán-galego" da RAG editado pola Fundación Pedro Barrié de
> la Maza. Por se non o tedes, reproduzo aquí a entrada "turno":
> 
> "
> 1. (alternancia) rolda (f.), <ronda> (f.).
> Establecieron un turno para colaborar todos en la vigilancia.
> Establecieron unha rolda para colaborar todos na vixilancia
> 
> 2. (momento) quenda (f.), vez (f.), rolda (f.), <ronda> (f.), xeira (f.).
> Cada participante intervendrá cuando llegue su turno.
> Cada participante intervirá cando chegue a súa quenda.
> 
> De t.: de servizo.
> El médico que estaba de turno le aconsejó que acudiese a un especialista.
> O médico que estaba de servizo aconselloulle que acudise a un
> especialista.
> "
> (O uso de "<>" indica que é unha forma non preferente.)
> 
> Dado que é unha decisión que aparece nas tres fontes normativas
> existentes, pouco temos para engadir. Se precisades a definición do futuro
> DRAG podémosvola conseguir.
> 
> Saúdos,
> Víctor Fresco Barbeito
> TERMIGAL
> 
> > Olá,
> > no proxecto Trasno, estase a ter algunha dúbida referente á utilización
> de
> > turno, quenda, vegada e vez.
> > Poderíadesnos aclarar se "turno" é admisíbel e en tal caso cal é a súa
> definición?
> > --
> > Best regards,
> > MV

Supoño que o mellor sería deixar turno agora que a tradución xa está en
marcha, e para a seguinte versión do xogo acordar un substituto.

Responderlle a