2008/9/1 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>

>
> Estaba eu lendo tan tranquilo a Commit-digest (revista de KDE semanal)
> desta
> semana e atopeime cunha bonita curiosidade, o equipo Galego posto de
> primeiro
> na sección das estatísticas de internacionalización!:
>
> http://commit-digest.org/issues/2008-08-31/
>
> claro, pena que en realidade se comeran ós Ucrainos, Portugueses e Suecos.
> En
> realidade somo-los cuartos na tradución do /trunk (fut. KDE 4.2) (e a tiro
> de
> pedra do 100% **, igual ca Gnome!!):
>
> http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk-kde4/team/gl/
>
> ** que non quere dicir que non quede traballo por facer: hai que manter,
> revisar o feito e facer a docu))
>
> Como anécdota estival está bem ;)
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


¿Ben? Eu creo que é xenial :O

Atendede á progresión:

Versión       Porcentaxe       Posto
KDE 3.5      78%                31
KDE 4.1      99%                12
KDE 4.2      99%                 4

E en non moito tempo!

Por suposto que sempre haberá traballo por facer, pero creo que queda claro
que a xente que estades detrás fixestes un esforzo incrible. Eu voto por
facer unha festa cando se acade o 100%... así terei a oportunidade de
colaborar pagando unhas cervexas, xa que non o fago traducindo ;P.

Repito, noraboa e gracias polo voso traballo.
-- 

Xabier Villar

Reply via email to