> Páxina 41: "Nomes de programas e aplicacións"
>
>  >> Dicir "o OpenOffice", así co artigo "o", implica que este o que sexa
>  >> ten xénero gramatical masculino, e apoiaría a utilización de
>  >> "programa" no canto de "aplicación" para referirse a esas cousas que
>  >> fan os desenvolventes e que nós traducimos.
>
> Tamén se pode pensar que se refire a "o software OpenOffice" > o
> OpenOffice ... como quen di "a distribución Ubuntu" >  a Ubuntu, a
> Mandriva, a OpenSuse...
>
> E non ten por que ser "a aplicación"  que pode ser "o aplicativo"
>
> Desa maneira, ocórreseme que (a distribución/o software ou aplicativo)
> coincide coa distinción colectivo/individual ou pequeno/grande que ten o
> feminino nalgunhas palabras galegas : o agro/a agra, o gran/a grá, o
> rio/a ría
>
>
> Por outro lado, a mesma presenza do artigo é tamén unha clara
> consecuencia dos usos orais por un lado e da regra flexible de uso do
> artigo cos nomes propios que non son de persoa, e son cousificados e
> convertidos en obxectos comúns (aínda que hai casos para todos os
> gustos, por exemplo con siglas)
>
>       ... en KDE, ...con GNOME ... // na ONU
> mais  "fíxeno no Word", "fai virguerías co Excell"
>       Na (impresora) HP podes imprimir todo o que queiras.
>
>
> É unha cuestión mais ben de norma de uso e non tanto de regras fixas. Eu
> opino que convén naturalizar, popularizar, trivializar se queredes, o
> uso de nomes como o (navegador) Firefox, o (procesador) Writer, o
> (xestor de correo) Thunderbird, o (reprodutor) Amarok, o (localizador)
> Kbabel, etc
>
> ... e dando un pequeno salto, permite naturalizar moito mellor outra
> terminoloxía que temos que introducir na nosa linguaxe de tradutores:
> "Estamos co trunk 11.1", "débese prestar atención á branche..." "teño
> que xerar o docbook en galego", etc.
>
> Antón Méixome

Concordo.

Responderlle a