Boas Suso:
Falando de fonte, sería posible te tamén a fonte do manual de localización presentado na g11n_v2?
Graciñas.

Suso Baleato escribiu:
Impresionante. Eu gostaría de ter o fonte desa presentación, prometo
utilizala e por suposto farei mención da autoría. Iso sí,agradecereiche que
me digas de onde descargala, que 8 megas no correo da xunta pode ser
demasiado pal body...

So dous detalles:

- Na páxina 21 falas de "peninsular" languages, pero
        a) cortas a portugal, que forma parte da península
        b) engades as canarias e baleares, que non forman parte de península

        :)

        O inclúes a portugal e quitas as illas (entón estarás falando de
        península) ou ben mellor cambias "peninsular" por "spanish". Eu optaría
        lóxicamente pola primeira, que é máis abranguente. A fin de contas
        meter as illas e non meter a latinoamérica, as filipinas, as
        poboacións hispanofalantes dos united...

- Na páxina 24 citas o galego-portugués, pero cortas polo Miño :)

- Na páxina 29 creo que deberías quitar o segundo mapa; eses límites sempre
  foron cuestionados, e en todo caso corresponderían ao Galliciense Regnum, en
  ningún caso ao asturiacense, leonés ou toledano como a deformación
  histórica ten afirmado.

Polo demais, só iso: impresionado quedei.

Miguel Branco escrebeu:
Olá, 'í vai:

http://www.scribd.com/doc/8481100/Achave

se tedes problemas pásovola diretamente, son 8 MB))

Pódevos interesar a parte de historia do galego e do conflito linguistico (da que evidentemente non falei na akademy pero que espero reutiizar noutra ocasión, coma o resto da presentación).
Agradezo fé de erratas (e correcións gramaticas)

Ciao!!

Responderlle a