Boas:
Estaba a tratar de procurar información para facer o paquete coa
instalación para o husnpell do dicionario de galego. Para elo
inscribinme na lista de debian-develo... pero non saquei moito, logo fun
procurar autores de paquetes e atopeime con Agustín Martín, que é quen
resulta é quen empaquetou o eusquera e o español e penso que algún máis.
Cando lle pedín axuda pensou que trataba de facer o que está feito,
paquete co galego mínimos e remitiume á páxina de Ramón Flores (era a
páxina que consultaba para facer actualizacións), logo comenteille que o
que quería empaquetar era hunspell da normativa oficial. Resulta que non
sabía da existencia deste dicionario, e descubreu mancomún!
Pois ben, comentou que vai facer el o paquete a non ser que eu sexa autor.
Polo que sei xa se puxo mans a obra (contactou con mancomún), comentou
que é unha pena que non o soubera antes, pois xa o metería en lenny.
De todos modos, vou ver se me ensina a facer o paquete.
Hai que ver para outras distros como vai o tema.
abur
--
damufo