2008/12/2 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>: > Primeiro, había un erro nunha cadea (q corrixín) que era que sobraba un \n > da tradución que non estaba no orixinal. Logo, comprobando a sintaxe do .po > escúpeme que existe erro nestas dúas cadeas: > >>~/bootloader.gl.po:1848: a format specification for argument 1 doesn't >> exist in 'msgstr' > >>~/bootloader.gl.po:2624: a format specification for argument 1 doesn't >> exist in 'msgstr' > > Nota: a sintaxe dun ficheiro pódese comprobar cos comandos propios de > gettext, facendo p.ex. 'msgfmt --check $HOME/Desktop/bootloader.gl.po' ou co > Kbabel no que xa hai un menú para 'comprobar sintaxe'. A corrección > habitualmente hai que facela abrindo o ficheiro cun editor de texto coma > Kate, Gedit... ou outro avanzado, xa que é útil que marque indique o número > de liña para ir directamete a onde gettext nos di onde se atopan os erros.
Nota: Para manter procedimentos de traballo simples, convén empregar un mínimo de ferramentas. Con isto refírome a que en xeral, con dous ou tres scripts e un programa con gui abonda: a corrección, tanto de "\n" como de $n, sempre se pode facer desde o cat (lokalize, kbabel, wordforge etc), non fai falla un editor de textos. >> #. warning popup. %1 is device name, %2 is date/time in form of >> #. 'date' command output >> #: src/routines/popups.ycp:365 >> #, ycp-format Interesante xeito de meter a información de contexto no ficheiro. Que versión de gettext está a empregar Suse?? O seu sería que isto rematase no msgctxt, tal que: #: src/o_que_sexa #, ycp-format msgctxt "warning popup. %1 is device name, %2 is date/time in form of" "'date' command output" msgid "o %1 que corresponda %2" >> msgstr "" >> "Alerta!\n" >> "\n" >> "O Rexistro Xeral de Arrinque actual será sobreescrito\n" Nesta liña, tras "Sector mestre de arranque", falta o parámetro %1. >> "\n" >> "Continuar?\n" Esta última liña non é gramatical. > variables. Neste caso non é. Outras veces é porque haxa que 'evitalas' e > poñelas como: '%' > '%%' ou '\%'. Comor!!??, se isto acontece o que hai que facer é informar aos desenvolventes para que arranxen o problema nas fontes (un no-c-format, ou semellante), supostamente non hai que tocar para nada a descrición do formato da cadea.