2009/3/9 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> O glosario de Mancomun recomenda "gardar"; o de Trasno recomenda
> "gardar" tamén e acepta tamén "salvar" e "gravar", pero desaconsella
> gravar por posibles confusións con "record". Non sei de onde saiu o de
> "guardar"...

Seguindo a premisa de "tu traduces tu decides":
- Miguel emprega "gravar", con base nos argumentos que el mismo espuxo hai pouco
- O de "guardar" creo que ten a mesma orixe que "A Guarda", aló pola
parte de Tui.


> Por outra banda o uso de "save" coma substantivo deu lugar á súa
> tradución coma "gardado" e coma "gravado", e tamén coma "aforro"
> noutros contextos que non veñen a conto. O feito é que en teoria o
> acto de gardar é a "garda". No caso de gravar parece que é máis
> correcto "gravación":
>
> gravado 2 sm Acción de gravar algo nunha superficie.
>
> gravación 1 sf Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.

"To save money", con efeito, é "aforrar cartos".

O de "garda", pois é a _acción_ de gardar, non o seu _efecto_, i.e. é
o proceso de gardar:
- Move o rato até onde pon &Ficheiro, preme, solta, báixao até onde
pon &Gardar, preme e solta, e xa.
- Ou é aquel que garda (3ª persoa do presente do verbo gardar)

E o que emprega "gardado" son eu, para referirme a algo que padeceu o
acto de gardar nas súas carnes.

Responderlle a