>>> Servidor   (58xKDE + 39xGNOME) = 97
>>> Máquina    (16xKDE + 2xGNOME + XFCE + 7xSUSE) = 26
>>> Host       (21×GNOME + KDE + SUSE) = 23
>>> Equipo     (6xGNOME) = 6
>>> Anfitrión  (4×GNOME) = 4
>>> Posto      (SUSE) = 1
>>>
>>> O glosario de Mancomun recomenda "host"; o glosario de Trasno
>>> recomenda "máquina" e "servidor".
>>
>> Dacordo. Pero en Linux a mesma máquina pode ser tanto cliente coma
>> servidor. Entendo que o nome do host fai referencia ao nome do sistema local
>> (o terminal usado). Nembargantes, non propoño termiñal porque deberiamos
>> distinguir cando se refere a un termiñal físico ou a un virtual (VT), o que
>> simplemente xeraría confusión.
>>
>> Entendo que "servidor" só pode traducir a "server". No resto dos casos,
>> debérase optar, na miña opinión, por "máquina", para non supor o papel de
>> servidor ou cliente (ou incluso estación de traballo illada) da máquina en
>> cuestión.
>>
>> Así, temos:
>>
>> localhost: máquina local
>> hosts deny: máquinas non autorizadas
>> hosts allow: máquinas permitidas
>> hostname: nome da máquina.
>> hosts: máquinas.
>
> por min vale

Estou dacordo co proposto, pero como se comentou na entrada de
"hostname" tamén pode significar "anfitrión" no contexto da
virtualización. En todo caso tamén penso que en contextos onde estea
totalmente claro que se trata dun servidor poderiase discutir se se
traduce coma "servidor" ou coma "máquina", ainda que para aforrar
problemas case optaria por usar unica e exclusivamente "máquina" agás
no tema da virtualización onde pode ser tanto "máquina" coma
"anfitrión".

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a