O Venres 13 Marzo 2009 16:20:58 Leandro Regueiro escribiu:
> Entorno  (34×KDE + 6xGNOME + SUSE + OpenOffice.org) = 42
> Ambiente (25×KDE + 5xSUSE) = 30
> Contorno (5xGNOME + 2xKDE + 6xSUSE + 5xOpenOffice.org) = 18
>
>
> É abraiante que a tradución máis usada sexa unha tradución non
> recomendada e incluso desaconsellada: o glosario de Trasno recomenda
> "ambiente" e permite "contorno" e marca "entorno" coma castelanismo; o
> glosario de Mancomun indica que se traduza coma "contorno". No
> glosario de Windows aparece "Ambiente".
contorno: s.m. 1. Límite exterior dun corpo ou dun obxecto, e liña que 
describe ese límite. O contorno dunha mesa. SIN. perímetro. CF. periferia. Os 
contornos da cara. SIN. perfil, silueta. 2. Zona ou territorio máis ou menos 
delimitado arredor dun lugar considerado como o núcleo. Non hai mentireiro 
coma el en todo o contorno. SIN. contorna, redonda, volta.

ambiente: adx. 1. Que rodea un corpo ou constitúe o medio onde se está. A 
temperatura ambiente. // s.m. 2. Aire que nos rodea. O ambiente das cidades 
está cada día máis contaminado. SIN. atmosfera. 3. Conxunto de condicións en 
que se desenvolve calquera tipo de vida. Ambiente acuático. A protección do 
ambiente. SIN. medio. 4. fig. Conxunto de condicións ou circunstancias de tipo 
económico, social, cultural, etc., no ámbito das cales vive unha persoa. 
Criouse nun ambiente de pobreza. SIN. atmosfera, medio. 5. fam. Característica 
do lugar en que hai animación, alegría, bo humor, etc. 

O significado técnico problemático de "enviroment" está ligado ao de "shell"; 
para os demáis, "ambiente" é adecuado (ambientes de escritorio, ambientes de 
servidores, etc.). Para os primeiros, *entorno axústase porque en castelán o 
significado é moi adecuado:

entorno.
 (De en- y torno).
 1.  m. Ambiente, lo que rodea.
 2.  m. Inform. Conjunto de condiciones extrínsecas que necesita un sistema 
informático para funcionar, como el tipo de programación, de proceso, las 
características de las máquinas que lo componen, etc.
 3.  m. Mat. Conjunto de puntos vecinos a otro.
 4.  m. Ar. Pliegue que se hace a la ropa en el borde.
 5.  m. ant. contorno.

Curiosamente, a definición explícita para informática concorda co caso no que 
expoño que "ambiente" sería un termo adecuado.

Ben, un "shell" define un *entorno de traballo parcialmente pechado. Isto 
significa que o sistema provee unha serie de comandos que fan uso dunha serie 
de variables e constantes comúns e que se comunican dunha maneira ben 
definida. No caso de Linux, o núcleo dispón dunha interface (API), o cal pode 
ser chamado polas aplicacións do sistema (GNU). O usuario traballa nun 
terceiro nivel (nivel de usuario, incluso o administrativo). Así, o usuario 
fai uso de aplicacións de usuario que chaman a aplicacións de sistema que á 
súa vez chaman ás de  núcleo.

Por outra parte, hai varios niveis de execución, e cada usuario dispón dun 
*entorno de traballo propio.

Volvendo as propostas, tendo que *entorno é castelanismo, vemos que en 
castelán "contorno" figura como un antónimo de "entorno". Por outra parte, 
"ambiente" é IMHO demasiado amplo. 

En castelán, "torno" pode configurar locucións prepositivas do tipo de "en 
torno a", "torno a", etc. En galego, semellase que non... pero por exemplo 
"contorno" ten a mesma formación léxica que a equivalente castelá. No 
dicionario da xunta non atopo "tornas"... 

IMHO, de elixir, a única palabra que se me ocorre é ambiente; nembargantes, 
non posúe o sentido preciso da castelá "entorno", en tanto a "aquilo que 
envolve, que rodea": un ambiente pode definir varios *entornos, pero un 
*entorno non pode definir máis de un ambiente. Así, un "shell" traballa cun 
*entorno parcialmente pechado para traballar dentro dun ambiente.

Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Responderlle a