2009/3/22 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Xa saíu!
>
> E eu c*g*ndome en todo porque aínda non rematei a tradución d'A Lenda de
> Wesmere... En fin, agora a ver se coas mañás dos fins de semana (e algunha 
> tarde
> se non hai moito exame) son quen de tela feita nun mes ou menos, espero que
> antes da 1.6.1
>
> Polo de pronto xa atopei mentres traducía un erro nun dos escenario (xa
> informei del) e varias faltas nas cadeas orixinais en inglés (ausenza de
> puntos finais a maioría).
>
> @Leandro: Xa actualizaches as traducións no xogo? Coido que andas liado agora.
> Pero en fin, eu creo confórmome con que fagamos un bo avance na seguinte
> versión estable (1.6.1).

Tranquilo, se non é na seguinte será na próxima.


> @Tradutores do Wesnoth: como levade-las vosas traducións?
>
> @Todos: como traduzo "cazarecompensas" (bounty hunters) en galego? En
> principio vouno deixar así.

Non estou seguro de se é correcto. Creo que o escoitei na galega
algunha vez, pero non che estou seguro.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a