Boas:

Adrián Chaves Fernández escribiu:
Estou totalmente de acordo con Xosé, imaxinade que os ministros son
elixidos pola oposición...
Imaxinade que se puidese elixir ao presidente, ao ministro de cultura, ao
de economía, ao de industria e ao de medioambiente por separado. Sería
xenial (IMHO).
Como se estiveramos decidindo o goberno do país!!

É por seguir o exemplo. Aplicado ao noso, simplemente o plantexamento de Miguel pode valer, de que o vicepresidente lle poña as pilas ao presidente. En todo caso é, como se dixo, cuestión de individualismo ou comunitarismo, de se poñer unha decisión en mans dunha persoa ou da asemblea.
Non nos esquezamos que o presidente non se elixe a si mesmo, quen elixe o presidente? pois se non me erro a asemblea. Eu entendo que a asemblea deposita a confianza no presidente e se este non cumpre é a asemblea quen decide, como sempre, se segue ou non.
Simplemente se trata de deixar facer a esa persoa que todos elixiron.
Se se quere que a asemblea aprobe o equipo directivo unha vez elixido polo presidente pois vale. Isto non deixa de ser unha moción de censura a cal se debería poder facer en calquera momento.


Creo que o presidente debería estar d'acordo coa decisión da asemblea. Así mesmo, coido que o maior problema que puidera ter o sistema comunitario de división na elección de cargos é técnico. Pero así como este sistema sería difícil de aplicar ao goberno do Estado, non tería ningún impedimento á hora de aplicarse a unha asociación coma esta.


Responderlle a