Ola, 

A idea é termos redactado o estatuto nos próximos 7 días e poder realizar a 
reunión fundacional dentro destes mes, (eu preferiría antes do 24 Xull).

Primeiro - Antes de que acabe de redactar o estatuto de trasno necesito que se 
discuta e vote o máis brevemente posible varios aspectos. Da primeira 
discusión xa corrixín as erratas, modifiquei algún punto. Por favor, sede 
breves, ide ó miolo do asunto para facilitarme a min revisar as discusión. 
Inda que non opinedes, anotade voto para as propostas que existan.

Segundo - Hai que marcar unha data para esa asemblea fundacional. Conto que 
non haxa maiores problemas en acabar de redactar o estatuto, así que non é 
poñer o carro antes cós bois :)

------------------------------------Votacións-----------------------------

1. Cargos na directiva:
a. 1 presidente, 1 secretario e 1 tesoureiro (mínimo legal)
b. 1 presidente, 1 vicepresidente, 1 secretario e 1 tesoureiro
c. 1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro e 1 vogal
d. 1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro e vogais nomeados a vontade polo 
presidente para delegar funcións, nomeables en calquera momento
e. outra (especificar)

++++++++++++++++++++++
2. Tipo duración dos cargos
a. iguais para o  presidente e o resto da directiva
b. desiguais para o presidente e o resto da directiva (especificar cómo)

++++++++++++++++++++++
3. Tempo de duración dos cargos
a. anual
b. bianual 
c. outro (se 2.b especifica cómo)

++++++++++++++++++++++
4. Método de elección:
a. a asamblea elixe entre listas cerradas
b. a asamblea elixe un presidente que logo elixe a súa directiva
c. a asamblea elixe un presidente que logo elixe a súa directiva, a asamblea 
vota a ratificación da directiva elixida polo presidente
d. a asamblea vota persoas individualmente, o máis elixido será o presidente 
que nomea a nova directiva
e. d. a asamblea vota persoas individualmente, o máis elixido será o 
presidente que nomea a directiva, a asamblea ratifica a nova directiva
f. a asamblea vota persoas individualmente. As persoas máis votadas entran na 
directiva, tantas persoas coma cargos. Unha segunda volta elixe o presidente. 
O presidente asigna cargos entre os que máis votos recibiran na primeira 
volta. 
g. outras (ale!, se se vos ocorre outra variación vos diredes)

++++++++++++++++++++++
4.  Aprobación de actas
a. na mesma sesión ó final  (implica que se finalicen os documentos e se lean 
na mesma sesión tras todos os ler)
b. na seguinte sesión ó comezo

+++++++++++++++++++++++
5. Pódese votar en sesión ordinaria vía electrónica sempre que se empregue un 
método de identificación do votante (lease chave de cifrado ou como se diga)?
a. si
b. non

Tamén en sesión extraordinaria?
a. si (persoalmente non a recomendo > aquí elíxese á directiva)
b. non
++++++++++++++++++++++++

-----------------------------------Datas Asemblea--------------------------
18 Xull, Sab
19 Xull, Dom
25 Xull, Sab
26 Xull, Dom
ou outras, vós diredes


-- 
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Responderlle a