Boas.

Lonxe de saber exactamente como traducilo, si que che podo ofrecer un
exemplo de uso do termo "backdrop".

Se eres afeccionado ao cinema con efectos especiais, oirías falar das
técnicas de filmación empregando un "croma-key" ou, dito en galego, un fondo
azul [ou verde, segundo os requerimentos].

Últimamente emprégase moito esa técnica en películas como "Sin City", ou
"The Spirit" onde todo o plató está cuberto deses lenzos de cor para que,
despois, os artistas debuxen os fondos a medida.

A eses fondos chámanlles "backdrop".

Segundo o wordreference, "backdrop" tradúcese como "telón de fondo".

No caso que che concerne, eu distinguiría entre o "fondo de escritorio" e a
imaxe que poidas empregar para cubrilo. Así entendido, o "fondo de
escritorio" sería o plano uniforme e monocromático sobre o que se sitúan os
elementos do escritorio e a imaxe que uses [ou non] para cubrilo e
personalizalo sería o tapiz [ou "papel tapiz", ou como gustes].

Pero iso só é a miña opinión.

On Thu, Jul 16, 2009 at 4:24 PM, Leandro Regueiro <
leandro.regue...@gmail.com> wrote:

> Ola, traducindo no Xfce atopei "backdrop" que se supón que é o mesmo
> que "wallpaper". Revisando no open-Tran vin que "wallpaper" se
> traduciu como "fondo de escritorio" e "imaxe de fondo". Lembro telo
> visto traducido como "tapiz" nalgures. Estades de acordo en usar só
> "fondo de escritorio" ou sodes doutra opinión?
>
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a