Saudos.

Non sei se vos pasou algunha vez a vos. A min, hai certas palabras cuxo
significado me resulta tan obvio que nunca me paro a pensar se realmente
coñezo a súa tradución correcta ata que teño que usala.

"Developer" é unha desas palabras.

Sei que "to develop" tradúcese como "desenvolver" [en castelán
"desarrollar"].

"Developer", en castelán tradúcese por "desarrollador", pero ¿cal é o termo
correcto en galego? ¿"Desenvolvedor"?

Claro que, o anteriormente mencionado só se aplica ao ámbito da "Information
Tecnology" ou informática.

Cónstame que, en outros ámbitos debe traducirse de xeito distinto, por
exemplo un "Land developer" sería un "Promotor inmobiliario" ou, segundo
wordreference e o merrian webster, tamén se coñece como "developer" o
"revelador químico" usado en fotografía.

Como o traducides vós? Porque estou seguro que nalgún proxecto tivo que
aparecer.

Responderlle a