> grazas. Xa vou polo 38%. Probareina na miña instalación e logo
> enviareillela ós mantedores do programa. Por certo, moi útil o "glosario"
> porque por exemplo nunca me gustou a etiqueta "buscar", os de fala inglesa
> son moi optimistas e xa poñen "atopar" (to find) :D . Tentarei seguir os
> consellos de estilo propostos.

Pois o glosario está bastante desactualizado. Estamos a ver se o
completamos/actualizamos e o fusionamos cos outros dez ou doce
glosarios que rulan por aí. Se non atopas algo no de Trasno usa tamén
o de Mancomun que está moito máis completo:
https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=207&release_id=434
(recoméndoche a versión en formato .csv se é que non usas un programa
que acepte o glosario en formato .tbx)

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a