> - Propoño unha quedada vía IRC na canle #trasno en freenode. este Xoves 8
> dende as 21:00?. Serviría de asemblea constituínte

A unha hora tan tardía non podo, se fora mañá á noite que o meu
compañeiro de piso con conexión a Internet aínda non volve supoño que
lle podería aproveitar a conexión para manterlla quentiña e iso, pero
o xoves é cando el volve, así que nada. Mércores 7 ou non podo :) Vou
instalar algo de IRC por se acaso...

> - Se estamos "todos", procedemos a realizar a votación da directiva, senón
> adiamos a "asemblea virtual". Unha vez elixida directiva acordamos un día
> para asinar fisicamente (max. en 20 días?) o documentos de constitución e (e
> ese ou outro día o presidente e/ou secretario entregar os papeis na Xunta,
> max en 1 mes?)

Vale.

> - teño rexistrados proxectotra...@gmail.com e
> votacións.proxectotra...@gmail.com . A idea do segundo correo é para as
> votacións: eu teño, obviamente o contrasinal da conta, pídovos que votedes
> (dou un tempo), de último voto eu, unha vez eu realice o reconto, publico
> resultados e douvos o contrasinal de xeito privado para que poidades
> comprobar que o reconto se fixo correctamente. logo volvo a cambiar o
> contrasinal etc A idea do primeiro é para dar un correo de contacto nas
> papelames (poñer unha lista de correo ummm)

Todo isto de xeito provisional, claro.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a