Boas, Paralelamente, ofrecinme a pagar unha comida o mesmo día, tamén por Área Central, en principio aos asistentes á asemblea no IRC que quixesen pasarse.
Ben, pois o caso é que estendo a invitación a todos os membros que vaian acudir á reunión para asinar os papeis estes. Vou mandar outro correo á parte deste, para non interromper a conversa sobre os temas importantes. Este correo era só para atraer a vosa atención. Aburiño! 2009/10/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> > Ola. > > Asistentes: > Miguel Branco > Leandro Regueiro > Felipe Xil > Antón Méixome > Xabier Villar > Miguel Bouzada > José Castroagudín > Adrián Chaves > Xosé Calvo > Daniel Muñiz > Fran Diéguez (temporalmente) > > Directiva: Miguel Branco presidente, Miguel Bouzada vicepresidente, > Leandro Regueiro secretario, Marce Villarino tesoureiro (Daniel Muñiz > de reserva). > > Os estatutos vanse revisar (ortografía) e vanse pasar a LaTeX. Tamén > se preguntou se hai que especificar se é cultural e outros temas. > > A reunión para asinar en principio será o día sábado 17 de Outubro ás > 16:00 horas en Área Central na Cervecería Internacional (na parte > norte) http://www.acentral.com/planos/zbaixa.htm Estase mirando de que > algúns vaian recollendo a outros por iso de contaminar menos e tal. > > Despois alguén entregará os papeis asinados onde corresponda. > > Cando haxa CIF falaremos do da conta da asociación, e doutros temas. > > No anexo vai o ficheiro do rexistro. > > Creo que vai todo. > > Ata logo, > Leandro Regueiro > -- Saúde, Chaves - http://chav.es