>>>>> Teño intención de poñerme a traducir o editor/IDE "Geany". Está xa
>>>>> alguén con el?
>>>>>
>>>>> Falara no seu día Leandro de propoñelo para o obradoiro aquel que se
>>>>> fixera na XGN, pero ao final escollera o "meld"...
>>>>>
>>>>> PS: moi recomendable, o Geany este...
>>>>> http://www.geany.org/
>>>>>
>>>>> Outra PS: podiamos aproveitar para falar de termos como "build",
>>>>> "make",
>>>>> "compile", "link", "includes" (plural de include, substantivo), ...
>>>>> Programadores, xa falaremos.
>>>>
>>>> Si. Agardo que se poida reutilizar parte do traballo feito na
>>>> tradución do Netbeans...
>>>
>>> Falando do NB...
>>> ...
>>> ... non saberedes como foi o proceso de tradución, non?Pasouse a .po ou
>>> traballouse cos properties? nese caso... tería alguén todos os .po para
>>> facer unha memoria ou algo? Si que estaría ben pasarlla ao Geany a ver
>>> que
>>> tal queda...
>>
>> Ben, e se alguén me pasa un link á(s) TMX, tamén me podería amañar, claro.
>>
>> Veña, vou deixar xa de dar a vara.
>
> http://i18n.geany.org/
>
> Mandei finalmente a tradución. As cadeas con "make" deixeinas sen
> traducir. En próximas actualizacións seguramente o cambie por algo
> como "make (destino personalizado)" (para, p ex "make custom target".

Parabéns.

> Mando este correo porque me fixo certa gracia o de "gallegan",
> jejeje... creo que aínda nunca o vira...

Chámalles a atención e dilles que é "galician". Eu xa conseguín que en
dous proxectos o cambiaran.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a