>>  Acabo de poñer un arquivo en web, en plan experimental, en
>> http://trasno.net/lurker. Contén os arquivos das tres listas; o da actual
>> debía actualizarse cada 15 minutos coas últimas mensaxes. A ver que tal
>> funciona.
>
> Funciona marabillosamente.
>
> Utilidades ten: eu decateime de que o 25 de outubro de 2009 fago cinco anos
> como tradutor.... e de que hai xente tanto activa como silente que leva como o
> dobre; ti, xosé, berto, ramom flores ...

Eu atopei a miña primeira mensaxe o 11 de marzo do 2004. Parécheme
raro que non me tivera presentado nin nada...

> Que tempos! cando comecei a traducir usaba gnome -de verdade-, e foi aos
> pouco que entrei en razón.

:) Non te cremos!

Manda carallo, podemos consultar mensaxes do ano 1990!!

>> Estou mirando o arquivo da primeira rolda. Nos comezos tamén existia
>> Gzlinux, que polo que vin no arquivo tiña rolda propia e vos
>> intercambiabades mensaxes dunha rolda a outra, así que preguntome se
>> haberá a posibilidade de recuperar o arquivo desa rolda tamén (xa sei
>> que isto é moito pedir).
>
>  Non, desa non teño nada.

Éche unha mágoa. Seguro que habería algo interesante no referente á
terminoloxía.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a