Vía facebook, leo este aviso dende culturgal: > A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña pásanos esta nota: > > "O pasado ano celebrouse na cidade o Cultur.gal, organizado pola > Consellería de Cultura, polo que pasaron 40.000 persoas en 4 días que durou > a Feira. Este ano a Consellería decidiu non facelo. > > A Concellaría de Cultura, cumprindo coa súa responsabilidade coa cidade que > fora elixida sede permanente do Cultur.gal, desexa promover unha > Festa/Feira de creación cultural. Esta terá lugar na última fin de semana > de novembro (28 e 29). Queremos que sexa unha Festa onde a cidadanía se > sinta parte da mesma, e queremos comezar porque vós sexades os que > determinedes que nome que vai levar. > > En que consistirá a Feira? Dentro das nosas posibilidades orzamentarias > tentaremos que haxa mostras dos produtos e traballos de todo o sector > cultural: que estea representado o mundo editorial, audiovisual, produtoras > musicais, artes escénicas..., en definitiva, a idea é que estea presente > todo a xente da cultura que queira participar. Haberá actuacións musicais, > teatro, monólogos, obradoiros para nenos ou para adultos... > > CAL É A VOSA PROPOSTA DE NOME PARA A FESTA/FEIRA?. Enviade as vosas > suxestións a cult...@coruna.es" > > Esperamos ter máis detalles en breve.
sería unha boa oportunidade a aproveitar, non é?