>>> Refactor non é reestruturar. É unha parte pero non o todo. Refactorizar
>>> e reescribir unha entidade dentro da programación para axeitalo a unhas
>>> propiedades que queremos mellorar ou adaptar.
>>>
>>> http://en.wikipedia.org/wiki/Code_refactoring
>>>
>>> Pode ser a reestruturación ou mesmo tamén a elmininación do mesmo ente
>>> (clase, función, procedimento, etc.).
>>
>> Refactorizar é, dito rápido e mal, arranxar a desfeita que programou
>> algún grupo de inútiles que non teñen nin idea do que facían e que
>> simplemente fixeron algo que funcionara medianamente ben para cobrar.
>> Isto implica refacer o deseño para adaptarse aos requirimentos reais,
>> se é que eses inútiles o fixeron medianamente ben, e adaptar o código
>> en consecuencia.
>
> Non concordo contigo de que sempre sexa un arranxo. A refactorización
> empregase moito en metodoloxías áxiles cando aplicas desenvolvemento
> dirixido por probas, onde inicialmente fas mocks de funcións que simulan
> pasar as probas e logo refactorizas para axeitalas ao proxecto.
>
> Por outra banda tamén se pode facer refactorización para incrementar o
> rendemento, diminuír acoplado ou mesmo aumentar a cohesión do código.
>
> En fin que a refactorización, en si, non ten porque significar algo
> malo. Senón todo o contrario.

Nin eu dixen que fora malo. Simplemente é mellorar un código que
evidentemente non cumpre a súa función.

Responderlle a