Boas.

Son Enrique Estévez, máis coñecido por Keko.

Son un dos fundadores de Ousli e ata fai uns meses o secretario de
dita Asociación (nestes momentos son un simple colaborador de dita
asociación). Agora estou de coordinador da Oficina de Software Libre
da USC e veño de unirme a lista de trasno para colaborar con todos.

A maior parte dos que estades aquí xa me coñecedes pero hai outros que
non, por eso me presento así, tan formalmente, jeje.

De entrada, como xa vos comentou Fran, pomos o proxecto NetBeans baixo
o paraugas de asociación Trasno. En principio, se ninguén ten
inconvinte e non se presentan voluntarios, terei que asumir eu a
coordinación do mesmo xunto con Fran (no tempo que lle quede libre). A
ver se deixamos preparadas as páxinas do wiki canto antes, e quitamos
toda a ferralla que hai e explicamos como se pode colaborar co
proxecto de forma fácil, que a día de hoxe non o é).

A maiores tamén estou levando a tradución do VirtualBox, OmegaT (que a
teño que actualizar, enviala e tan pronto poida porme coa Web, xa que
emprego dito programa para a tradución, cuestión de gustos) e fixen a
primeira tradución do T-cos project (que tamén teño que actualizar e
revisar o antes posíbel, porque Mario é un bo amigo).

O outro proxecto interesante é centralizar o tema da tradución das
Creative Commons (xa que a xente case non emprega as cc en galego e
ten as ligazóns a de castelán), xa que teño contacto directo co que
leva o tema en España e revisar dita tradución e ter todos os
ficheiros de man para se as actualizan ou sacan unha nova licenza, que
o traballo sexa mínimo. O máis dificil xa se fixo.

Estou aquí para botar unha man.

Saúdos.

Responderlle a