Ola moi boas. Desexo presentarme, chámome Anxo e teño 22 anos e estou metido
no mundo do software libre dende fai cousa de 2 anos. As distribucións que
uso son Ubuntu máis Kubuntu, aparte de todo iso son técnico en
administración de sistema informáticos e teño nivel de coñecementos de C,C++
e Java, por tanto agardo que me dea un plus de coñementos cara a tradución.

Levaba xa apuntado dende facía cousa de meses nas listas de Mancomun, pero
por motivos persoais non tiña tempo para dedicarme a traducir, e agora non e
que teña moito tempo tampouco, pero algo teño máis penso que poido colaborar
e axudar para ver cantas máis aplicación ao noso idioma mellor.
Logo, preciso dunha especie de "*mestre*" ou "*guía*" que me poida axudar a
dar os primeiros pasos no mundo da tradución: por onde comezar,  que debo
facer, etc....

Pois nada máis; agardo algunha resposta. Ata enttón un saúdo!

Reply via email to