No ámbito da bioloxía molecular tradúcese como "corrente arriba", ás veces 
"augas arriba". Igualmente co termo "downstream", "corrente abaixo" ou "augas 
abaixo". Por poñervos en situación , isto aparece cando se fala da lectura das 
polimerasas dunha secuencia de DNA para referirse á secuencia que deixa tras 
de si ou ten por diante do punto onde comeza a lectura; en cristía,  sería 
similar a cando comezamos a ler un párrafo para referirnos ó que hai diante de 
onde comezamos a ler (upstream) e o que ven logo na lectura (downstream). 

Responderlle a