2010/1/13 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>

> Ola.
>
> Se mal non recordo, nos estatutos básicos que che dan como modelo
> cando creas unha asociación había que facer o seguinte:
>
> O que quere ser socio, ten que escribir unha solicitude a asociación
> pedindo a entrada formalmente.
>
> Despois, nunha asemblea (non sei de que tipo, creo que extraordinaria)
> decídese na orde do día a súa aprobación de entrada. Co que se
> actualizaría o libro de socios, anotandoo nel.
>
> Algo dese estilo. Nos estatutos, debe estar detallado o proceso, xa
> que detalla estas cousas moi por riba. Para engadir máis cousas, por
> habería que redactar un regulamento interno, que se debería aprobar
> tamén nunha asemblea e a partir de ahí serviría para decir como se
> farían as cousas que alí están redactadas e non quedarían ao que
> apeteza nese momento.
>
> Espero servir de axuda.
>
> Un saúdo a todos.
>
> 2010/1/13 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> > O Mércores 13 Xaneiro 2010 13:44:57 Leandro Regueiro escribiu:
> >> > Que pasos ten que seguir alguén que se queira asociar?
> >
> > pois non sei moi ben como funciona isto: pero en principio darnos os
> datos
> > básicos:
> > -nome
> > -DNI
> > -dirección
> > -tlf e/ou IM, correo
> >
> > e en canto o da cota, eu entendo que non habería problema porque se
> pagara ao
> > longo do ano no momento en que mellor vos veña (inda non temos conta
> bancaria,
> > teremola en breve); pero que vaia, non penso tramitar a expulsión de
> ningún
> > asociado por non pagar a cota.
> >
> > @Leandro, si, tes que levar o libro de socios
> >
> >
> > --
> > To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
> >
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Na miña opinión....

Calquera que queira asociarse pode facelo simplemente enviando un correo ao
secretario cos datos, engadiría a conveniencia de forncer unha fotocopia ou
pdf co dni, e en canto o secre lle dea a alta, pagar a cota.

No relativo a dar de baixa, creo que so se debe intervir no caso de alguén
que faga algo *intencionado* que dane a asociación. :-)

Falaramos na constituinte de que as cotas serian por anos naturais, de 15€
para os socios comúns e de 6€ para estudantes e/ou parados (e non
divorciados cono dixo un día o presi nun lapsus linguae). Engado que debe
ser a criterio do secretario aceptar (ou non) a consideración de estudante e
de parado, sen que teña que darlle explicacións nin a xunta directiva, a fin
de gardar a intimidade dos solicitantes da cota reducida.

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a