É imperativo que teñamos unha decisión firme nos próximos dous días. 
Síntoo moitísimo, pero se non chegamos a un consenso aquí farei unha votación 
sobre do logo (a versión para asociación), _só_ entre os asociados. 

Eu quedaríame co logo de aquí http://trasno.net/logo que está como deni020. 
Xustifícoo.

1. as cores: o azul simboliza  a relación coa galeguizadade; e esas 
tonalidades combinan ben co branco, o que reincide no mesmo. Ese laranxa é 
cálido, faise atractivo a vez que rompe coa sobriedade dos azuis. Se colledes 
esa paleta de laranxa/azul claro/azul escuro/branco dá para xogar bastante. 
Combinaría tamén con lilas e rosas escuros. Queda perfecto en monocromo e non 
resulta raro en escala de grises. 
2. a tipografía: sans-serif, (humanista?, non sei que tipografía é 
exactamente), tan de moda!: vedo Ubuntu. Non é unha letra moi formal, pero 
tampouco "infantil". Pódese usar en combinacións con textos con calquera letra 
sans sen que choque (e estas dan textos visualmente moi lexibles, limpiños e 
elegantes, moi aptos para webs). ademais, vai en consonancia coas formas 
arredondadas do .gl, . Outra vantaxe, o logo con esa letra é máis facilmente 
escalable: outras letras, coma as serif, ao reducilas non se len tan 
facilmente. 
3. o .gl:  vai en diagonal ascendente, con formas romas... para min dá unha 
idea de dinamismo, de progresión. Por si só, separado do resto do logo, pódese 
usar como motivos de fondo de imaxes, versións reducidas do logo (p.ex 16x16), 
decoracións de textos...

Ah, eu non creo niso do "silencio consensual" ou o que sexa, así que 
agradécense os si/non/paso do tema.

Responderlle a