Eu, cando teño algun problema deste estilo, empezo por renomear os
ficheiros/cartafois de configuracion de usuario, para ver se e un problema
do sistema, da configuracion, incluso de problemas de permisos. De feito, a
veces mesmo e mais rapido borrar a configuracion do escritorio e facela de
novo.

--
Xabier Villar
El 22/06/2012 13:04, "Antón Méixome" <cert...@certima.net> escribió:

> Levo case 24 horas pelexando cun problema na interface gráfica de
> Ubuntu e non atopo solución googleando.
>
> Como veredes na captura anexa, aparece un fondo de cor detrás das
> letras do menú que fai que sexa moi complicado manexarse e traballar.
> Afecta a moitas cousas, e non é só un problmea cun determinado tema de
> escritorio, nin sequera a un entorno determinado (LDM, Gnome,
> Unity...)
>
> Creo que tivo que ver coa instalación dun complemento de VirtualBox,
> moito ollo, pero agora non dou recuperado o estado normal do
> escritorio. De feito o que vedes na captura é o mellor que conseguín
> despois de estar practicamente fóra  de combate.
>
> Unha das cousas afectadas curiosas é que por exemplo, no gnome tweak,
> non podo cambiar de tema porque non funciona a caixa de selección, así
> que hai algo que está mal necesariamente pero por máis que busco non
> atopo. Ten que aer algo relacionado con xanelas-tipos de letra e tema.
>
> Xa fixen de todo e estiven a pique de mandar todo o sistema á merda.
>
> Se tedes algunha idea agradeceríao
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a